Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12502

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia

EDICTO polo que se empraza o interesado no expediente disciplinario 15/2012.

Non sendo posible practicarlle persoalmente a notificación, polo presente escrito comunícase e emprázase a Camilo José González Fernández para que no prazo dos quince días seguintes á súa publicación poida contestar o prego de cargos xuntando os documentos e propoñendo as probas que considere pertinentes. Advírteselle que ten á súa disposición na sede deste colexio (r/ Alameda, 30-32, 8º, 15003 A Coruña) unha copia do prego de cargos.

A Coruña, 15 de marzo de 2013

Jesús Bendaña Suárez
Instrutor