De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan das datas que nel se recollen.
2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto: 00833, proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo.
Concello: Arteixo Provincia: A Coruña.
Expropiante: Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Beneficiario: Xestur A Coruña, S.A.
Acto notificado: resolución de recurso de reposición.
Persoa que se notifica |
Data acto que se notifica |
Nº expediente |
Predio |
Prezo xusto (€) |
Rendal, S.L. Frenos Coruña, S.L. e outro Santiago Rey Sande e outro Santiago Rey Sande e outro Sercom-Asfico, S.L. Sercom-Asfico, S.L. |
7.2.2013 24.1.2013 7.2.2013 7.2.2013 7.2.2013 7.2.2013 |
2010004393 2010004351 2010004375 2010004375 2010004376 2010004396 |
00172 00090 00134 00134 00139 00178 |
313.031,71 99.083,56 548.098,86 548.098,86 68.362,27 61.796,86 |