Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 18 de marzo de 2013 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 27 de decembro de 2012 que resolve o recurso de reposición do predio número 116 sito no Porriño, relativo ao proxecto 00849 (expediente 2010/001472).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Marcelino Alonso Romero o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 27 de decembro de 2012 mediante o cal se resolve o recurso de reposición do predio número 116 sito no Porriño, relativo ao proxecto 00849, expediente 2010/001472, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00849-predios non incorporados á Xunta de Compensación do Sur PPI-6 sector 2. TM O Porriño.

Nº expediente: 2010/001472.

Persoa que se notifica: Marcelino Alonso Romero.

Expropiante: Concello do Porriño.

Expropiado: Marcelino Alonso Romero.

Beneficiario: Xunta Compensación Sur PPI-6 sector 2 O Porriño.

Predio nº: 116.

Concello: O Porriño.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do Xurado: 6.101,37 €.