De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a Perfecto Moreira Lema e outra o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 24 de xaneiro de 2013 que fixa o prezo xusto do predio número 640co sito en Laxe, relativo ao proxecto 00782, expediente 2012/002249, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 00782-acondicionamento da estrada AC-433 A Ponte do Porto-Laxe. Clave AC/06/065.01.
Nº expediente: 2012/002249.
Persoa que se notifica: Perfecto Moreira Lema e outra.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.
Expropiado: Perfecto Moreira Lema e outra.
Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.
Predio nº: 640co.
Concello: Laxe.
Provincia: A Coruña.
Valoración resolución do Xurado: 787,68 €.