Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11725

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (283/2012).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por este edicto anuncio que no recurso de apelación número 283/2012, seguido por instancia de Enrique Sánchez Sánchez, José Carlos Bendicho Hernández, Adolfo Cordero Rivera, Xosé Enrique Costas González, Eduardo Godoy Malvar, María Teresa Pérez Nieto, Manuel Joaquín Reigosa Roger e María de los Ángeles Sanromán Braga, no cal son parte apelada a Universidade de Vigo e David José Santos Mejía e José Luis Rodríguez Rodríguez, ditouse a sentenza o trece de febreiro de 2013, cuxo encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

«No recurso de apelación 283/2012 pendente de resolución ante esta sala, interposto por Enrique Sánchez Sánchez, José Carlos Bendicho Hernández, Adolfo Cordero Rivera, Xosé Enrique Costas González, Eduardo Godoy Malvar, María Teresa Pérez Nieto, Manuel Joaquín Reigosa Roger e María de los Ángeles Sanromán Braga, representados polo procurador Víctor López-Rioboo y Batanero e asistidos do letrado Carlos Potel Lesquereux, contra auto de data 13 de febreiro de 2012, ditado na peza separada de medidas preventivas dimanante do procedemento abreviado 107/2002 polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 dos de Vigo sobre execución de sentenza. É parte apelada a Universidade de Vigo, representada polo procurador José Manuel Lado Fernández e dirixida polo letrado Andrés Dapena Paz. Así mesmo, son partes apeladas David Santos Mejía e José Luis Rodríguez Rodríguez, que non compareceron nas presentes actuacións malia seren emprazados en legal forma. É relator Benigno López González.

(…)

Decidimos que desestimando o recurso de apelación interposto por Enrique Sánchez Sánchez, José Carlos Bendicho Hernández, Adolfo Cordero Rivera, Xosé Henrique Costas González, Eduardo Godoy Malvar, María Teresa Pérez Nieto, Manuel Joaquín Reigosa Roger e María de los Ángeles Sanromán Braga, debemos confirmar e confirmamos o auto apelado, ditado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, en data 13 de febreiro de 2012; todo iso con imposición á parte recorrente das custas procesuais causadas nesta alzada».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de David José Santos Mejía, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 26 de marzo de 2013

José Andrés Salgado Fernández
Secretario xudicial