Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11727

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (520/2011).

Procedemento: procedemento ordinario 520/2011-L.

Sobre: reclamación de cantidade.

De: Banco Español de Crédito, S.A., Banesto.

Procuradora: Francisca Olivera Molina.

Avogado: Marcelo Crespo López.

Contra: Juan Lozano Rodríguez.

Carlota Fernández Ambrós, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dou fe e certifico que se ditou sentenza no xuízo ordinario 520/2011-L, no cal é demandante Banesto e demandado Juan Lozano Rodríguez.

Da dita sentenza os interesados poderán ter coñecemento íntegro na secretaría deste xulgado.

A resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, que se deberá interpor ante este xulgado no prazo de 20 días, contados a partir desta publicación.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Juan Lozano Rodríguez e para que sirva de notificación en forma a medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de marzo de 2013

A secretaria xudicial