Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11728

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1281/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1281/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Arturo Calvo Lista contra a empresa José Manuel Yáñez Naya sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre resolución de contrato 1281/2012, sendo demandante Arturo Calvo Lista, asistido pola letrada Sra. Martínez Campo, e demandada a empresa José Manuel Yáñez Naya.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Arturo Calvo Lista contra a empresa José Manuel Yáñez Naya e, en consecuencia, declaro, con efectos da data da presente sentenza, a resolución da relación laboral existente entre o traballador e a empresa, como consecuencia do incumprimento contractual do empresario, e condeno a empresa demandada a aboar a Arturo Calvo Lista a cantidade de 10.317,3 euros en concepto de indemnización.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que deberá anunciarse no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza.

Inscríbase no libro rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación á empresa José Manuel Yáñez Naya, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de marzo de 2013

A secretaria xudicial