Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11730

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1036/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimentos 1036/2012 do xulgado do social se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 8 de marzo de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1036/2012, sendo demandante Francisco Javier Briones López, representado polo letrado Sr. Lorenzo Martínez, e demandada a empresa Multifiber, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Francisco Javier Briones López contra a empresa Multifiber, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato do demandante e condeno a empresa demandada a que proceda á extinción da relación laboral con aboamento a Francisco Javier Briones López da cantidade de 22.510 euros en concepto de indemnización.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Multifibel, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de marzo de 2013

A secretaria xudicial