Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11732

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1081/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1081/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pombo Pulleiro contra as empresas Pasteadores Castelao, S.L., Campoaríns, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por José Pombo Pulleiro, contra Pasteadores Castelao, S.L. e Campoaríns, S.L., debo condenar e condeno as demandadas a aboarlle solidariamente ao demandante a suma de mil douscentos noventa e catro euros con corenta céntimos (1.294,40 €) en concepto de salarios, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso (artigo 191.2 e disposición transitoria segunda da LRXS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma ás entidades Pasteadores Castelao, S.L. e Campoaríns, S.L., en paradoiro descoñecido, insiro o presente edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2013

A secretaria xudicial