Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11723

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2013 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para o ingreso, polo sistema de promoción interna, na categoría de técnicos especialistas de laboratorio do grupo III, convocadas por Resolución do 20 de novembro de 2012.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para a provisión de 9 prazas da categoría de técnicos especialistas de Laboratorio do grupo III da Universidade da Coruña, polo sistema de promoción interna, convocado por Resolución do 20 de novembro de 2012 (DOG do 4 de decembro), e á vista da proposta de persoas aspirantes aprobadas, feita polo tribunal que xulga estas probas.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2012,

RESOLVE:

Facer pública a relación definitiva de persoas aprobadas nestas probas selectivas, que son as que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución, e de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), a persoa interesada poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o reitor, no prazo dun mes ou directamente recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses na forma e nas condicións que están previstas na Lei reguladora da dita xurisdición, que contan a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 4 de abril de 2013

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO
Relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas
para o ingreso, polo sistema de promoción interna, na categoría de técnicos especialistas de Laboratorio do grupo III da Universidade da Coruña,
convocadas por Resolución do 20 de novembro de 2012 (DOG do 4 de decembro)

Nº de orde

Apelidos e nome

Puntuación total

1

Cabanas Vázquez, Manuel Ramón

98

2

Currás Castiñeira, María Pilar

97

3

Bonome López, María Isabel

96

4

Caramelo Rego, Carlos

95

5

García Díaz, María Rosa

94,25

6

Seijo García, María Antonia

93

7

Gabeiras Calvo, María Ángeles

92

8

Larrosa Vila, Xoán Carlos

85

9

Calleja García, Alfonso

78