Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11267

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1298/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1298/2012 por instancia de María Cruz Varela Fuentes contra as empresas Cortiñán Vehículos Industriales, S.L., Alquileres do Colo, S.L. e Bergondo Trucks, S.L. sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 14.3.2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

Ditame estímase a demanda interposta por María Cruz Varela Fuentes fronte a Cortiñán Vehículos Industriales, S.L., Alquileres do Colo, S.L. e Bergondo Trucks, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da demandante realizado por Bergondo Trucks, S.L.

– Enténdese, ante a imposibilidade de readmisión, feita a opción pola indemnización.

– Declárase a extinción, con data da presente resolución, da relación laboral que unía a demandante con Bergondo Trucks, S.L.

– Condénase a Bergondo Trucks, S.L. a aboarlle a María Cruz Varela Fuentes en concepto de indemnización a cantidade de dezanove mil setecentos trinta e oito euros con sesenta céntimos de euro (19.738,60 euros). Das ditas cantidades responderán solidariamente as empresas Cortiñán Vehículos Industriales, S.L. e Alquileres do Colo, S.L.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Cortiñán Vehículos Industriales, S.L., Alquileres do Colo, S.L. e Bergondo Trucks, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 22 de marzo de 2013

O secretario xudicial