Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11265

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4339/2010 FF).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4339/2010.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1088/2009 do Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Recorridos: Borja Gómez Malvar 000907352B, S.L.N.E., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Wellness Gómez, S.L.

Avogados: (…), María José Martínez-Fariza Conde, (…).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4339/2010 desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Welnes Gómez, S.L. e Borja Gómez Malvar 000907352B SLNE, sobre reintegro de prestacións, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos: desestimando o recurso de suplicación articulado polo Instituto Nacional da Seguridade Social fronte á sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo, en autos número 1088/2009, instados por Mutua Gallega contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Welnes Gómez, S.L. e Borja Gómez Malvar, confirmamos a resolución de instancia. Debe darse aos depósitos e consignacións, se houbese, o destino legal correspondente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Borja Gómez Malvar 000907352B, S.L.N.E. e Wellness Gómez, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na r/ Fuensanta, 7, baixo, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de marzo de 2013

A secretaria xudicial