Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11269

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (566/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 566/2011 por instancia de Patricia Raquel Vázquez Barro contra a Mutua Fraternidade, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Servicur Servicios Auxiliares, S.L., sobre incapacidade temporal, nos cales se ditou sentenza en data 14.3.2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

Ditame:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Patricia Raquel Vázquez Barro fronte á Mutua Fraternidade, Servicur Servicios Auxiliares, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia:

– Condénase a Mutua Fraternidade a aboarlle á demandante a cantidade de mil cincocentos oitenta e tres euros con dous céntimos de euro (1.583,02 euros) en concepto de prestacións de IT, sen prexuízo do dereito de repetir contra o empresario.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Servicur Servicios Auxiliares, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 22 de marzo de 2013

A secretaria xudicial