Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11270

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (302/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Sentenza.

Santiago de Compostela, once de decembro de dous mil doce.

Vistos por min, Ana Aba Catoira, maxistrada xuíza substituta do Social número 3 desta cidade, os autos seguidos co número 302/2012, promovidos por Jacinto Carbajal Masso, asistido polo letrado Sr. García Dopico, fronte a Club Baloncesto Pío XII, que non compareceu malia estar citado en legal forma, en reclamación de cantidade, en consideración aos seguintes,

Decido que, estimando a demanda interposta por Jacinto Carbajal Masso fronte a Club Baloncesto Pío XII, debo condenar e condeno este a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.600 €, máis o 10 % de xuro por mora, así como os honorarios do letrado do demandante, cun límite, por este último concepto, de 600 €.

Fronte a esta sentenza cabe anunciar recurso de suplicación no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013