Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11201

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial do solo urbanizable industrial de Estramundi de Abaixo.

En cumprimento do establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación Municipal de Padrón, na sesión realizada o 28 de febreiro de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan parcial do sector do solo urbanizable industrial de Estramundi de Abaixo, Padrón, coa corrección efectuada no plano 01 do estudo hidrolóxico denominado Ámbito e estado actual (páxina 171).

Segundo. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio o presente acordo e achegarlle dous exemplares dilixenciados do plan parcial aprobado.

Terceiro. Ordenar a publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia facendo constar a data de remisión á consellería e publicar o documento que conteña a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Cuarto. Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día de publicación do último dos anuncios citados no parágrafo anterior, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Faise público, ademais, que o 19 de marzo de 2013 se remitiu ao Servizo de Urbanismo da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas certificación do acordo plenario de aprobación definitiva e dous exemplares dilixenciados do plan parcial aprobado definitivamente.

Padrón, 19 de marzo de 2013

Antonio Fernández Angueira
Alcalde