Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11200

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de información pública sobre serradoiro de madeira neste concello.

Trámite de información pública de expediente sometido a avaliación de incidencia ambiental promovido por Maderas Raña, S.L., para instalar un serradoiro de madeira, na rúa A Coruña, nº 23, Ordes.

Maderas Raña, S.L. solicitou licenza municipal para instalar a actividade de serradoiro de madeira, na rúa A Coruña, nº 23, concello de Ordes. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde a publicación do último anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ordes, 13 de marzo de 2013

Manuel Regos Boquete
Alcalde