Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2013, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Francisca González Prieto.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense tramítase o recurso 40/2013-E (procedemento abreviado), interposto por Francisca González Prieto fronte á Resolución do 29 de novembro de 2012, da directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se desestima o recurso de reposición interposto fronte á Resolución do 12 de novembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se procede a dar publicidade ás listas definitivas de persoas aspirantes admitidas, co número de orde e puntuación, con respecto ao proceso de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais nas diversas categorías sanitarias de formación profesional no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade (DOG nº 218, do 15 de novembro de 2012). (Categoría: celador/a).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos