Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11202

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Palas de Rei

ANUNCIO de información pública sobre planta de valorización de biomasa forestal en Marzá.

Silvia Mª Otero Fernández, en representación de Biopalas, S.L., solicitou desta alcaldía licenza municipal para planta de valorización de biomasa forestal (esteladura, secado e almacenaxe da estela de madeira e exposición de produtos rematados), que se situará no lugar de Castro de Marzá, s/n, na parroquia de Marzá. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Palas de Rei, 18 de marzo de 2013

Pablo José Taboada Camoira
Alcalde presidente