Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11203

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO de información pública sobre taller mecánico de reparación de maquinaria e equipamentos agrícolas e vehículos en Bidueda.

Hipólito Casal Orjales solicitou neste concello licenza de inicio de actividade de taller mecánico e de reparación de maquinaria e equipamentos agrícolas e vehículos que se vai desenvolver no interior dunha nave existente, nun espazo que vai ser acondicionado para tal efecto, da superficie de 383,41 m², sita no lugar coñecido como Bidueda, nº 14, na parroquia de San Sadurniño. En cumprimento do disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de San Sadurniño), poidan examinar o expediente nas oficinas deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas, sociedades ou entidades que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende iniciar e desexen formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

San Sadurniño, 14 de marzo de 2013

Secundino García Casal
Alcalde