Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11204

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de información pública sobre estación de servizo na estrada N-532, enlace coa autovía A-52.

Neste concello tramítase o seguinte expediente sobre concesión de licenza municipal:

Solicitante: Primosca, S.L.

Actividade: estación de servizo.

Localización: estrada N-532, enlace con autovía A-52 (parcela nº 3), Verín.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas poidan examinar o expediente no Servizo de Urbanismo do concello e formular por escrito as reclamacións ou as observacións que xulguen oportunas.

Verín, 14 de marzo de 2013

Juan Manuel Jiménez Morán
Alcalde