Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11205

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública (expedientes 39505/422, 39503/422 e 39502/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: Grucave, S.L. Actividade: almacén de lixas, discos de corte, abrasivos en xeral. Localización: Madrid (N-120) (Cr) nº 227, nave 1 (expediente 39505/422).

2. Solicitante: Grucave, S.L. Actividade: exposición e venda de vehículos sen taller. Localización: Madrid (N-120) (Cr) nº 227, nave 2 (expediente 39503/422).

3. Solicitante: Grucave, S.L. Actividade: exposición e venda de recambios do automóbil. Localización: Madrid (N-120) (Cr) nº 227, nave 3 (expediente: 39502/422).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta1 do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 13 de marzo de 2013

Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Xerencia Municipal de Urbanismo, Cascos Históricos,
Grandes Proxectos e Patrimonio