Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11128

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de marzo de 2013 pola que se nomea recadador interino da Zona de Recadación de Lugo.

Ante a situación que se produciu de inexistencia de solicitudes que cumpran os requisitos exixidos na Orde do 18 de decembro de 2012, polo que se convoca o proceso de selección para o nomeamento de recadador da Zona de Lugo, e vacante a titularidade da dita zona por renuncia aceptada pola Consellería de Facenda, e ante a necesidade de continuar a xestión recadatoria das débedas cargadas á devandita zona, por proposta do director da Axencia Tributaria de Galicia conforme o establecido no artigo 16 de Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se regula a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

Dispoño:

Primeiro. Nomear recadador interino da Zona de Recadación de Lugo a Julián Benavides Delgado, recadador titular da Zona de Recadación da Coruña.

Segundo. Esta orde producirá efectos desde o 1 de abril de 2013.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda