Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11129

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 3 de abril de 2013 pola que se amplía o prazo de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

A Orde da Consellería de Facenda do 25 de maio de 2012 (DOG núm. 103, do 31 de maio) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, dispón na base II.1.1.4 que o prazo máximo para a realización do cuarto exercicio será de 40 días contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez realizado o terceiro exercicio o día 2 de marzo de 2013, tendo en conta diversas cuestións relacionadas co desenvolvemento dos exercicios e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda