Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10528

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1008/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 1008/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Alexandra Colcha Tonato contra Ciudad Muralla, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento e reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Que considerando a demanda interposta por Verónica Alexandra Colcha Tonato contra a empresa Ciudad Muralla, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante con efectos de data 4 de outubro de 2012, e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade de 319,88 euros e, en caso de readmisión, aboarlle ao traballador os salarios de tramitación en contía de 29,08 euros diarios (co límite a que se fixo referencia no fundamento cuarto desta resolución). Deberá pór en coñecemento do xulgado no prazo antes dito, se opta ou non pola readmisión. Condénase a demandada ao aboamento dos salarios impagados na cantidade de 809,03 euros máis o xuro por mora e as custas procesuais.

Notifíqueselle esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra esta cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que lle sirva de notificación en forma a Ciudad Muralla, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 18 de marzo de 2013

O secretario xudicial