Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10527

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1013/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 1013/2011 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Óscar Ramos Benlloch contra Academia Naranco Lugo, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Que, estimando a demanda presentada por Óscar Ramos Benlloch contra a empresa Academia Naranco Lugo, S.L., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 1.739,58 euros, máis os xuros de mora.

Notifíquese esta resolución ás partes, comunicándolles que contra ela, de conformidade co disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, non cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que sirva de notificación en forma a Academia Naranco Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 18 de marzo de 2013

O secretario xudicial