Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10519

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (1181/2010).

Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que neste xulgado se ditou sentenza do teor literal seguinte:

«Sentenza número 92/12.

Vigo, 7 de maio de 2012.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 1181/2010 se seguen por instancia de Novadelta Comercio de Cafés España, S.A.U., representada polo procurador Alberto Vidal Ruibal e dirixida pola letrada Susana García Muñoz, contra Iván Alfocea Pascual, declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de cumprimento contractual.

Resolución:

Estimo totalmente a demanda interposta por Novadelta Comercio de Cafés España, S.A.U. contra Iván Alfocea Pascual, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Iván Alfocea Pascual a pagarlle a Novadelta Comercio de Cafés España, S.A.U., a cantidade de 6.572,43 euros, a cal reportará, desde a data da formulación da demanda (21 de outubro de 2010), unha indemnización pola demora equivalente ao xuro legal dos cartos. Será do xuro legal dos cartos incrementado en dous puntos, desde a data da sentenza.

2º. Condeno a Iván Alfocea Pascual a pagar as custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de 20 días.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Iván Alfocea Pascual e para que sirva de notificación, expido o presente edicto.

Vigo, 26 de febreiro de 2013

O secretario xudicial