Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10521

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo

EDICTO (456/2012).

Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Carballo, fago saber que neste xulgado e co número 456/2012 se segue, por instancia de Dolores Ouréns Varela, María Dolores Ouréns Varela, Casilda Ouréns Varela, Carmen Ouréns Varela, José Antonio Ouréns Veres, Pedro Ouréns Veres, Ministerio Fiscal e Modesto Ouréns Varela, expediente para a declaración de herdeiros de Modesto Ouréns Varela, en que consta como falecido un dos herdeiros, José Ouréns Varela, natural de Malpica de Bergantiños, fillo de Benigno e María Carmen, quen residía e faleceu no Reino Unido.

Para os efectos do artigo 984 da antiga LAC, respecto do herdeiro José Ouréns Varela, e ao poderen existir outros parentes de igual ou menor grao, expídese este edicto, polo cal se chaman os que se crean con igual ou mellor dereito, para compareceren no xulgado a reclamalo dentro do prazo de trinta días.

Carballo, 18 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial