Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10517

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 41/2012 IP).

Secretaría: Sr. Gamero López-Peláez.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 41/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 401/2011 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrentes: Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e Diserpo Servicios, S.L.U.

Avogadas: Carmen Vilas Pereira e Beatriz Gallego Calderón.

Procuradoras: Isabel María Castiñeiras Fandiño.

Recorridos: Fogasa, Navas Servicios de Porteros, S.L., Administración, Prevención y Gestión de Empresa, S.L., Porteros y Controladores Industriales, S.L., Mantenimiento y Control Galaica, S.L. e César Javier Docampo Rivero.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 41/2012 desta sección, seguido por instancia da Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Diserpo Servicios, S.L.U., contra a empresa Fogasa, Navas Servicios de Porteros, S.L., Administración, Prevención y Gestión de Empresa, S.L., Porteros y Controladores Industriales, S.L., Mantenimiento y Control Galaica, S.L. e César Javier Docampo Rivero, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

A sala acorda: declarar a inadmisión dos recursos de casación para a unificación de doutrina interpostos pola procuradora Isabel Castiñeiras Fandiño, en nome e representación da Compañía de Protección y Vigilancia, S.A. e Diserpo Servicios, S.L.U. contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 30 de marzo de 2012, no recurso de suplicación número 41/2012, interposto pola Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e Diserpo Servicios, S.L.U., fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo de data 12 de agosto de 2011, no procedemento número 401/2011 seguido por instancia de César Javier Docampo Rivero contra a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Diserpo Servicios, S.L.U., Navas Servicios de Porteros, S.L., Administración, Prevención y Gestión de Empresas, S.L., Porteros y Controladores Industriales, S.L., Mantenimiento y Control Galaica, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento.

Declárase a firmeza da sentenza contra a que se recorre, con imposición de custas á parte recorrente e perda do depósito constituído.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e o rolo de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación. Así o acordamos e asinamos.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. E para que sirva de notificación a Navas Porteros, S.L., Administración y Gestión Emp. Portes y Controladores y Mantenimiento y Control Galaica.

A Coruña, 18 de marzo de 2013

A secretaria xudicial