Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10515

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3697/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3697/2012 MAY.

Xulgado de orixe/autos: demanda 564/2011 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Recorrente: Televisión de Galicia, S.A.

Avogada: Susana Fernández Veiguela.

Procuradora: María Dolores Luisa Villar Pispieiro.

Recorridos: Teresa Luisa Abuin Tubío, Olympus Comunicación, S.L.

Avogado: Matías Movilla García.

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3697/2012-MAY, seguido por instancia de Televisión de Galicia, S.A. contra a empresa Teresa Luisa Abuin Tubío, Olympus Comunicación, S.L., sobre outros dereitos laborais, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Acordo: ter por desistida a Televisión de Galicia, S.A. do recurso de suplicación interposto, e declaro a firmeza da resolución obxecto do citado recurso de data 5.12.2011 ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela nos seus autos número 564/11.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Unha vez firme a presente resolución, remitiranse, xunto con testemuño desta, as actuacións ao órgano xudicial de orixe e verificado procédase ao arquivo da correspondente peza separada.

Notifíquese a presente resolución.

Modo de impugnación: mediante recurso de revisión que se interporá no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa notificación».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de marzo de 2013

A secretaria xudicial