Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10422

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación de vehículos.

Por medio do presente edicto e de conformidade co disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, comunícase que durante o prazo de vinte días hábiles, contados desde a súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar e formular alegacións en relación coa solicitude de concesión de licenza de legalización de obras e apertura de nave con destino a taller de reparación de vehículos no lugar de Agrovello (Cocheras), nº 5, Lourizán, presentada pola entidade Berjisa 2004, S.A. (expediente DMA 134/12).

Pontevedra, 4 de marzo de 2013

Antonio Louro Goyanes
Tenente alcalde da Área de Urbanismo