Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10421

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de información pública sobre almacén de produtos fitosanitarios.

Sapega Servicios, S.L., solicitou desta alcaldía licenza municipal para a actividade de almacén e venda de produtos fitosanitarios, que se situará no lugar de Sequeiros-Cristiñade, e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Ponteareas, 13 de marzo de 2013

Salvador González Solla
Alcalde