Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 4 de marzo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados.

Por medio da presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo deles alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria 0046-0002-79-0002098393 do Banco Gallego, nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se produza o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer, no prazo dun mes contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Gendra Ferreiro, Ester

045909168H

Fra. 200902378

19.5.2009

392,17

Gende Tubío, José María

045862301W

Fra. 200905685

9.12.2009

356,39

Gesto Seoane, Olalla

079333821J

Fra. 201001388

22.3.2010

331,83

Garabal Santiago, Juan Carlos

078793396L

Fra. 201001810

15.4.2010

737,72

González Ramos, Diego

053193887Q

Fra. 201002633

7.6.2010

331,83

Vega Ramírez, Mariano

046902613R

Fra. 201005287

18.11.2010

368,86

Vázquez Rey, Estefanía

045848878B

Fra. 201005288

18.11.2010

368,86

Villaverde Fernández, Beatriz

034989601T

Fra. 201100769

15.2.2011

378,45

Tovar Aparicio, María Antonia

007422961X

Fra. 201205096

19.12.2012

390,18

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2013

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela