Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10423

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/02/13).

Servypro-Construcciones e Instalaciones, S.L. solicitou da Alcaldía, licenza municipal de reforma de obra e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a almacén loxístico de pezas da industria do automóbil, que se situará no polígono industrial As Gándaras, parcela 105-A, desta localidade, en cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, se somete a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poida examinarse o expediente AM/02/13, na sección de Urbanismo deste concello, polas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se coiden oportunas.

O Porriño, 22 de febreiro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde