Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10424

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de protección do patrimonio construído de interese cultural do termo municipal de Santiago de Compostela no ámbito das vivendas de Ramírez.

O Pleno da corporación na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de xaneiro de 2013, adoptou entre outros o seguinte acordo:

a) Rexeitar a alegación presentada no período de información pública a que se someteu o acordo de aprobación inicial da modificación, por José García Cumplido, en representación da comunidade de propietarios do portal núm. 5-7 da rúa de Ramón Cabanillas, con base na fundamentación contida no informe da arquitecta municipal transcrito máis arriba.

b) Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan especial de protección do patrimonio construído no ámbito das vivendas de Ramírez, segundo o proxecto formulado polos servizos técnicos municipais da área de Urbanismo, sen modificacións respecto do aprobado inicialmente e sometido a información pública.

O acordo notificarase persoalmente a todos os interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, no que se inserirá así mesmo a normativa urbanística aprobada.

Igualmente se remitirá á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comunicación do acordo de aprobación definitiva, xunto con dous exemplares dilixenciados do documento definitivamente aprobado.

O acordo de aprobación definitiva da citada modificación puntual do Plan especial foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 20 de febreiro de 2013, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

O anuncio de aprobación definitiva, xunto coa normativa, publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 47, do 8 de marzo de 2013.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

María Pardo Valdés
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible