Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10073

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2497/2010).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 2497/2010 desta sección, seguido por instancia de José Carlos Mosquera García contra a empresa Intraver, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que, desestimando o recurso interposto por José Carlos Mosquera García, confirmamos a sentenza que, con data do 22 de decembro de 2009, foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, e pola cal se rexeitou a demanda formulada e se absolveu a empresa Intraver, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte Intraver, S.L., que no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Intraver, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Colón, nº 28, 4º b, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de marzo de 2013

A secretaria xudicial