Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10075

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (824/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número 824/2012 por instancia de José Luis López Buján contra Esabe Vigilancia, S.A., sobre cantidade, nos cales o 18 de febreiro de 2013 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Luis López Buján contra Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Esabe Vigilancia, S.A. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.151,94 euros brutos, pola gratificación de beneficios do ano 2011, incrementada no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Esabe Vigilancia, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 14 de marzo de 2013

Mª Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial