Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10076

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (805/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número 805/2012 por instancia de José Manuel Naya Calvo contra Europea de Recubrimientos, S.L. e Industrias Químicas Clenin, S.A. sobre cantidade, nos cales con data do 27 de febreiro de 2013 foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Manuel Naya Calvo, contra a empresa Europea de Recubrimientos, S.A. e, en consecuencia, debo condenar e condeno á empresa Europea de Recubrimientos, S.A. a que aboe ao demandante a cantidade de 4.939,18 € brutos, polos salarios percibidos en decembro de 2011, e xaneiro de 2012, pagas extras de decembro de 2011, e parte proporcional de verán 2012, compensación económica por vacacións anos 2011 e 2012, e falta de aviso previo, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Manuel Naya Calvo, contra Industrias Químicas Clenin, S.A., e absólvoa de todas as pretensións exercidas contra ela.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso for interposto pola parte demandada, non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, nº 47570000 código 36 e nº de expediente, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución ao dispor deste xulgado dun aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

Para que conste e se insira no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación ás empresas demandadas Europea de Recubrimientos, S.L. e Industrias Químicas Clenis, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 14 de marzo de 2013

Mª Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial