Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 5 de abril de 2013 Páx. 10078

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (879/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 879/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Calviño Puente contra a empresa Construcciones José Carro, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo as demandas que en materia de resolución de contrato e despedimento foron interpostas por Carlos Calviño Puente contra a empresa Construcciones José Carro, S.A. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 10 de xullo de 2012, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a Carlos Calviño Puente, na citada data de 10 de xullo de 2012, coa entidade Construcciones José Carro, S.A. e condeno a entidade Construcciones José Carro, S.A. ao aboamento dunha indemnización a razón de 40.521,65 euros.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Carlos Calviño Puente contra a empresa Construcciones José Carro, S.A. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Construcciones José Carro, S.A., a que aboe ao demandante a cantidade de 7.903,51 euros brutos, por salarios percibidos nos meses de xaneiro a xuño de 2012, paga extra de decembro de 2011 e xullo de 2012, así como o xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Construcciones José Carro, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

A Coruña, 15 de marzo de 2013

A secretaria xudicial