Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Sobrecedo de Arriba, no concello de Taboada (expediente 011/2009 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE núm. 285, do 28 de novembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT, CT e RBT Sobrecedo de Arriba.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 375 metros, con orixe en apoio metálico existente da LMT CHA8029347, en condutor LA-56 e final no CTI proxectado Sobrecedo de Arriba, sobre apoios de formigón (4).

2. Centro de transformación de intemperie, de 100 kVA, cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V, en Sobrecedo de Arriba, sobre apoio de formigón.

3. Rede de baixa tensión aérea en condutor RZ, cunha lonxitude de 302 metros, con orixe no centro de transformación proxectado de Sobrecedo de Arriba, sobre apoios de formigón (10).

4. Rede de baixa tensión soterrada, en condutor XZ1, cunha lonxitude de 427 metros.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 12 de marzo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Concello: Taboada.

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Nome, apelidos e enderezo

Apoio

Afeccións

Nº predio

Polg.

Parc.

m2

ml aér.

m2 aér.

1

57

395

A Lama

Prado

– Ubaldo García Vila

Sobrecedo de Arriba, nº 3, 27596 Taboada, Lugo

1(½)

1.0

31.0

303.0

8

57

150

As Lamas

Labor

– José Otero López

Sobrecedo de Abaixo, nº 7, 27596 Taboada, Lugo

2(½)

1.0

31.0

316.0

11

57

152

As Penas

Prado

– Antonio Varela Fonticoba e irmáns

Ider, 17, Castelo, 27559 Taboada, Lugo

32.0

324.0

12

57

157

As Penas

Prado

– Inés Pereira Cereijo

San Roque, 8, Sobrecedo, 27596 Taboada, Lugo

– Mª Teresa Pereira Cereijo

r/ Alférez Baanante, nº 22, 1º, 27596 Taboada, Lugo

3(½) e 4

13.5

105.0

1048.0

13

57

158

As Penas

Prado

– Gervasio Linares Lage

Sobrecedo de Arriba, nº 10, 27596 Taboada, Lugo

3(½)

4.5

9.0

96.0