Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.
Denominación: LMT e CT avenida de Santiago, 45.
Situación: Ourense.
Características técnicas:
LMT subterránea a 20 kV, de 23 m de lonxitude, con condutor RHZ1 e orixe na LMT VLL814 ao CT 32CX81 (avenida de Santiago, 46) e remate na LMT ao CT 32CR13 (Río Camba) con entrada e saída no CT proxectado avenida de Santiago, 45, non prefabricado, de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.
Orzamento: 40.509,55 euros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; rúa Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Ourense, 11 de marzo de 2013
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense