Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT, CT e RBT derivada Xestoso, nos concellos de Taboada e Chantada (expediente 020/2009 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 28 de novembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (Boletín Oficial del Estado núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT, CT e RBT derivada Xestoso.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 930 metros con orixe nun apoio metálico existente da LMT CHA8061105, en condutor LA 56 e final no CTI proxectado Xestoso, sobre apoios de formigón (4) e metálicos (3).

2. Centro de transformación de intemperie Xestoso de 100 kVA, cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V sobre apoio de formigón.

3. Rede de baixa tensión aérea en condutor RZ, cunha lonxitude de 76 metros, con orixe no centro de transformación proxectado Xestoso, sobre apoios de formigón (3).

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (Boletín Oficial del Estado núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se encontren ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (Boletín Oficial del Estado núm. 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 12 de marzo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Concello: Chantada.

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos/Enderezo

Apoio

Afeccións

Nº predio

Polg.

Parc.

m2

ml. aér.

m2 aér.

2

6

148

Barrianca

Monte alto

José Almuiña Areán

Ada, nº 3, 27511 Chantada, Lugo

16,0

256,0

8

6

183

Cepedo

Prado

José Máximo Areán Feijoo

Repr.: José Antonio Diéguez Otero

San Vicente de Argozón, nº 5, 27511 Chantada, Lugo

3 (1/2)

1,0

123,0

1.207,0

11

6

197, 210

Cepedo

Prado/monte baixo

José Máximo Areán Feijoo

Repr.: José Antonio Diéguez Otero

San Vicente de Argozón, nº 5, 27511 Chantada, Lugo

4 (1/2), 5 (1/2)

2,0

82/125

822/1.227

12

6

207, 209

Devesas

Monte alto/prado

José María Novo Calvo

Xestoso, nº 4, 27555 Taboada, Lugo

5 (1/2)

1,0

15/30

500/295

Concello: Taboada.

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos/Enderezo

Apoio

Afeccións

Nº predio

Polg.

Parc.

m2

ml. aér.

m2 aér.

1

98

313

Devesa

Prado

José Almuiña Areán

Ada, nº 3, 27511 Chantada, Lugo

16,0

160,0

2

98

311

O Lameiro

Prado

José María Novo Calvo

Xestoso, nº 4, 27555 Taboada, Lugo

6, 7 (CT)

18,0

116,0

1.172,0