Por medio da Resolución do 11 de novembro de 2011, pola que se aproba a admisión a trámite de solicitudes de dereitos mineiros, admitiuse a trámite a solicitude presentada pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (ERIMSA) do permiso de investigación Lamoso, de 9 cuadrículas mineiras, para a investigación de recursos mineiros da sección C), cuarzo e outros, nos termos municipais de Ordes e Oroso, na provincia da Coruña.
A esta solicitude correspóndelle o número 7135 do rexistro mineiro da provincia da Coruña.
A designación do terreo é a seguinte:
Punto |
Lonxitude (W) |
Latitude (N) |
1 |
8º 22’ 20’’ |
43º 04’ 00’’ |
2 |
8º 21’ 40’’ |
43º 04’ 00’’ |
3 |
8º 21’ 40’’ |
43º 03’ 00’’ |
4 |
8º 21’ 20’’ |
43º 03’ 00’’ |
5 |
8º 21’ 20’’ |
43º 02’ 20’’ |
6 |
8º 22’ 00’’ |
43º 02’ 20’’ |
7 |
8º 22’ 00’’ |
43º 03’ 20’’ |
8 |
8º 22’ 20’’ |
43º 03’ 20’’ |
A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.
Todas as persoas que se consideren afectadas por este permiso de investigación poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, nº 2, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezará a contar desde o día seguinte en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño).
A Coruña, 6 de marzo de 2013
Susana Mª Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña