De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal sen efecto, notifícaselles ás persoas que se sinalan no anexo as propostas de resolución de expedientes sancionadores por infracción da Lei 15/2002, do 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Os denunciados poderán presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta proposta de resolución, as alegacións que consideren convenientes. Particípaselles que teñen á súa disposición o expediente para examinalo na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, sito na rúa Oliva, nº 3, 2º andar, en Vigo, conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).
Vigo, 8 de marzo de 2013
José Antonio Fernández Bouzas
Director-conservador do Parque Nacional
Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
ANEXO
Expediente |
Interesado |
PN-PO-2012/52-NAV |
Joaquín Martínez López |
PN-PO-2012-62-NAV |
Alberto Mínguez Lobato |
PN-PO-2012-45-INC |
Aida Portela Martínez |
PN-PO-2012-61-NAV |
Grup Bahia Muscleres, S.L. |
PN-PO-2012-49-INC |
Tomás Tejero Reviriego |