Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de marzo de 2013, do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador PN.PO-2012/78-NAV e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal sen efecto, notifícaselles ás persoas que se sinalan no anexo a incoación de expediente sancionador por infracción da Lei 15/2002, do 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

O/a denunciado/a poderán presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta incoación, as alegacións que consideren convenientes. Particípaselles que teñen á súa disposición o expediente para examinalo na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, sita na rúa Oliva nº 3-2ª planta, en Vigo, conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Vigo, 8 de marzo do 2013

José Antonio Fernández Bouzas
Director-conservador do Parque Nacional
Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesado/a

PN-PO-2012/78-NAV

Ramón Mira Córdoba, S.L.

PN-PO-2012/89-NAV

Pablo Durán Muñoz