Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente LU-RES 2012/130 e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 25 de febreiro de 2013

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2012/130.

Interesado: Miguel Montoya Gabarres.

Acto notificado: proposta de resolución do expediente sancionador.

Órgano emisor: instrutora do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2012/159.

Interesado: Ion Stefan.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Órgano emisor: xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Expediente: LU-RES 2013/015.

Interesado: Marius Alin Mihail.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Órgano emisor: xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Expediente: LU-RES 2013/022.

Interesado: Matei Nicusor.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.

Órgano emisor: xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.