Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ribadeo.

En cumprimento do disposto no número 7 do artigo 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, en que se integran o procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, e o procedemento de aprobación de planeamento urbanístico establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, faise pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica, do 13 de marzo de 2013, do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ribadeo (Lugo). Esta memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 0046/2007.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental