Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9766

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (815/2011).

José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, xulgado de familia, por medio deste edicto anuncio que no presente procedemento de garda e custodia de fillos non matrimoniais 815/2011, seguido por instancia de Verónica de la Cruz Iglesias fronte a Renzo Claudio Cesar Vergonzzini Alarcón, se ditou sentenza definitiva cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 123/2012.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2013.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, este xuízo verbal nº 815/2011 promovido pola procuradora Sra. Ceinos Real en nome e representación de Verónica de la Cruz Iglesias, asistida do letrado Sr. González-Abraldes Iglesias fronte a Claudio Vergonzinini Alarcón, maior de idade, citado en autos, declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal, en representación dun fillo menor de idade habido en comun.

I. Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 28.6.2011, a procuradora Sra. Ceinos Real, en nome e representación de Verónica de la Cruz Iglesias, asistida do letrado Sr. González-Abraldes Iglesias, fronte a Claudio Vergonzinini Alarcón, maior de idade, citado en autos, con intervención do Ministerio Fiscal en representación dun fillo menor de idade habido en común, presentou demanda de xuízo verbal en que se solicitaron as seguintes medidas definitivas:

1. Garda e custodia. Atribúase a garda e custodia de forma definitiva do fillo común Xoel Vergonzinni de la Cruz, á nai, miña mandante, sendo compartida a patria potestade por ambos os proxenitores.

2. Réxime de estancias e comunicación do proxenitor non custodio. Recoñézaselle ao pai demandado un réxime de estancia co menor consistente en:

A) Durante o curso escolar, martes e xoves desde as 19.00 horas ata as 21.00 horas con recollida e reintegro no domicilio da nai e do menor.

B) Fins de semana alternas sen pernoita, de 10.00 horas a 20.00 horas sábados e domingos con recollida e reintegro no domicilio da nai e do menor.

C) No mes de xullo o pai poderá ter na súa compañía o fillo menor de luns a venres desde as 19.00 horas ata as 21.00 horas, e as fins de semana alternas desde as 10.00 horas ata as 20.00 horas sábados e domingos, con recollida e reintegro no domicilio da nai e do menor.

D) No mes de agosto o neno estará en compañía da nai.

E) En Nadal Claudio Vergonzinni Alarcón poderá ter na súa compañía o fillo menor a partir do día 31 de decembro e ata o 7 de xaneiro sen pernoita das 10.00 da mañá ás 20.00 horas da tarde, debendo recollelo e reintegralo no domicilio da nai.

F) En Semana Santa Claudio Vergonzinni Alarcón poderá ter na súa compañía o fillo menor a primeira metade das vacacións segundo o calendario escolar, sen pernoita das 10.00 da mañá ás 20.00 horas da tarde, debendo recollelo e reintegralo no domicilio da nai.

3. Pensión de alimentos. Por conta do demandado Claudio Vergonzinni Alarcón e en beneficio do fillo común, de 250 euros mensuais que se aboarán os primeiros cinco días de cada mes na conta bancaria que designe a nai con actualización anual segundo o IPC.

4. Gastos extraordinarios. Todos os gastos extraordinarios xerados en relación co fillo menor Xoel Vergonzinni de la Cruz, tales como actividades extraescolares, gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social, serán satisfeitos por ambos os proxenitores a partes iguais.

Segundo. Admitida a demanda e emprazada a parte demandada, non compareceu nin deduciu contestación á demanda.

Declarada a parte demandada en rebeldía procesual, sinalouse o xuízo e nel a parte demandante instou a estimación da demanda, agás os seus puntos A e F, constatando a total ausencia de comunicación do pai do menor con este desde xullo de 2011 e a ausencia de aboamento de toda pensión de alimentos fixada nas medidas provisionais previas.

A representante do Ministerio Fiscal, unha vez cumprido o interrogatorio de parte demandante, adheriuse a tal solicitude sobrevida.

Terceiro. Na tramitación deste proceso observáronse as prescricións legais vixentes, inclusive o prazo para ditar sentenza.

II. Fundamentos de dereito.

Primeiro. A procuradora Sra. Ceinos Real, en nome e representación de Verónica de la Cruz Iglesias, asistida do letrado Sr. González-Abraldes Iglesias, fronte a Claudio Vergonzinini Alarcón, maior de idade, citado en autos, con intervención do Ministerio Fiscal en representación dun fillo menor de idade habido en común, presentou demanda de xuízo verbal.

Admitida a demanda e emprazada a parte demandada, non compareceu nin presentou contestación á demanda.

Declarada a rebeldía procesual da demandada, sinalouse xuízo para o día de hoxe. Nel a parte demandante instou a estimación da demanda, agás os seus puntos A e F, constatando a total ausencia de comunicación do pai do menor con este desde xullo de 2011 e a ausencia de aboamento de toda pensión de alimentos fixada nas medidas provisionais previas.

O interrogatorio de parte e a incomparecencia sen xustificación da parte demandada xustifica, conforme os artigos 770.3º da Lei de axuizamento civil e 304 do mesmo corpo legal, estimar acreditadas as novas circunstancias invocadas e, con isto, a procedencia da íntegra estimación da demanda coa excepción dos seus puntos A e F.

Segundo. Dada a especial natureza deste tipo procesual, non procede efectuar un especial pronunciamento en materia de custas procesuais.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Resolvo que estimando a demanda de xuízo verbal interposta pola procuradora Sra. Ceinos Real en nome e representación de Verónica de la Cruz Iglesias, asistida do letrado Sr. González-Abraldes Iglesias, fronte a Claudio Vergonzinini Alarcón, maior de idade, citado en autos, declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal en representación dun fillo menor de idade habido en común, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

1. Garda e custodia. Atribúaselle a garda e custodia de forma definitiva do fillo común Xoel Vergonzinni de la Cruz, á nai, miña mandante, sendo compartida a patria potestade por ambos os proxenitores.

2. Réxime de estancias e comunicación do proxenitor non custodio. Recoñézaselle ao pai demandado un réxime de estancia co menor consistente en:

Fins de semana alternas sen pernoita de 10.00 horas a 20.00 horas sábados e domingos, con recollida e reintegro no domicilio da nai e do menor.

No mes de xullo o pai poderá ter na súa compañía o fillo menor de luns a venres desde as 19.00 horas ata as 21.00 horas, e as fins de semana alternas desde as 10.00 horas ata as 20.00 horas sábados e domingos, con recollida e reintegro no domicilio da nai e do menor.

No mes de agosto o neno estará en compañía da nai.

En Nadal Claudio Vergonzinni Alarcón poderá ter na súa compañía o fillo menor a partir do día 31 de decembro e ata o 7 de xaneiro sen pernoita das 10.00 da mañá ás 20.00 horas da tarde, debendo recollelo e reintegralo no domicilio da nai.

3. Pensión de alimentos. Por conta do demandado Claudio Vergonzinni Alarcón, e en beneficio do fillo común, de 250 euros mensuais que se aboarán os primeiros cinco días de cada mes na conta bancaria que designe a nai con actualización anual segundo o IPC.

4. Gastos extraordinarios. Todos os gastos extraordinarios xerados en relación co fillo menor Xoel Vergonzinni de la Cruz, tales como actividades extraescolares, gastos médicos non cubertos pola Seguridade Social, serán satisfeitos por ambos os proxenitores a partes iguais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e seguintes e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito de 50 € previsto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela e do seu partido xudicial.