Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9764

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5021/2010-GA).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 5021/2010-GA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 847/2009 Xulgado do Social número 1 da Coruña.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogado: Pablo Torrado Oubiña.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Divisiones y Techos, S.A., María Josefa Míguez Roca.

Avogado: letrado Seguridade Social, Alberto José García Vilaboy.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5021/2010-GA desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Divisiones y Techos, S.A. e María Josefa Míguez Roca sobre viuvez, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Mutua Gallega contra a Sentenza do 19 de abril de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos da Coruña, en proceso promovido por María Josefa Míguez Roca fronte á Mutua Gallega, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Divisiones y Techos, S.A., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

De acordo co disposto no artigo 233.1 da Lei de procedemento laboral, a empresa-recorrente debe aboar os honorarios do letrado da demandante-impugnante do seu recurso por importe de seiscentos euros (600 €).

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado perante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552 debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “35 social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 social casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Divisiones y Techos, S.A., da cal consta como último enderezo coñecido, r/ San José, s/n, Meicende (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de marzo de 2013

A secretaria xudicial