Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.
Denominación: LMT, CT e RBT vivendas sociais.
Situación: A Gudiña.
Características técnicas:
LMT subterránea a 15 kV de 154 m con condutor RHZ1 e con orixe na LMT existente e remate no CT proxectado, prefabricado, manobra exterior A Gudiña, de 250 kVA, R/T 15000/400-230 V.
RBT aereosubterránea, con 660 m en aéreo con condutor RZ e 232 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado A Gudiña.
RBT aereosubterránea de 80 m en aéreo con condutor RZ e 215 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT existente A Gudiña I.
Orzamento: 101.812,81 euros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Ourense, 7 de marzo de 2013
Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense