Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 Lourizán Cangas II alimentación Cangas anteproxecto, no concello de Cangas (expediente IN407A 2012/298-4).

A instalación denominada LAT 66 Lourizán Cangas II alimentación Cangas anteproxecto, no concello de Cangas, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 4 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 de Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 25 de abril de 2013, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Cangas.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e serán informados de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou dos cales se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 15 de marzo de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LAT 66 Lourizán Cangas II alimentación Cangas II anteproxecto

Nome e apelidos

Domicilio

CP-Concello

Gabia m2

2

Antonio Caamaño Piñeiro

O Outeiro-Coiron, 8

36940 Cangas

50

3

Antonio Fernández Chapela

A Madalena, 92

36940 Cangas

48

4

Celia Villar Sotelo

A Retirosa-Coiro, 5

36940 Cangas

59

5

Mª Manuela Barreiro Sotelo

O Outeiro-Coiro, 19

36940 Cangas

59